Todo é novo
Novo modelo de
xestión e tratamento de residuos
A posta en marcha do novo modelo de xestión e tratamento de residuos, supón para Pontevedra iniciar unha etapa máis eficiente, moderna e sostíbel, co obxectivo de que os residuos se transformen en recursos. Nada se perde, todo se reaproveita.
Co modelo de recollida, separación e reutilización de residuos, que se irá implantando de maneira progresiva nestes meses, Pontevedra avanza no cumplimento das lexislacións ambientais e reforza o seu compromiso co medio ambiente.
O obxectivo é reducir e reutilizar os residuos. O que antes se desbotaba, agora transfórmase cun novo valor, contribuíndo á economía circular.
Todo é novo
Unha aposta pola innovación, a eficiencia e a sustentabilidade
Novo equipamento

Novos colectores na cidade e nas parroquias. Nas próximas semanas instalaranse 4.000 unidades.

Novas papeleiras.

Nova maquinaria e ferramentas eléctricas de uso diario para limpar o espazo público, como sopradoras, rozadoras, etc.
Novos servizos

Puntos limpos móbiles. As unidades estarán cada día nunha zona distinta, o que facilitará a recollida de produtos tecnolóxicos, cables, voluminosos...

Novos colectores para a recollida de pilas e aceite de cociña.

Novo sistema de recollida selectiva en zonas como o centro histórico, onde se instalarán illas emerxentes para a recollida con horarios de funcionamento específico.

Recollida comercial porta a porta. No centro histórico recolleranse todas as fraccións, e nos establecementos da zona urbana haberá recollida de papel, cartón, envases e biorresiduos.
Novos vehículos

Pontevedra situarase na vangarda, xa que se van utilizar vehículos con menos emisións. O 52% da frota será eléctrica e o 41% funcionará con gas natural, reforzando deste xeito o compromiso ambiental.
Novos profesionais

Incorporarase máis persoal directo para mellorar a atención e dar unha resposta máis rápida ás necesidades diarias do servizo.
Compostaxe

Deseño e construción da nova planta de compostaxe na Canicouva.
Illas de compostaxe comunitaria.
Pontevedra pasará de ter 36 a 100 unidades.
Lembra!
Cómpre facer as cousas ben, é unha responsabilidade de todas e todos.
A correcta separación dos residuos é fundamental para coidar o medio ambiente e a nosa contorna. Cada residuo ten o seu lugar. Depositar o desperdicio no contedor ou punto que lle corresponda é un xesto moi sinxelo, pero facelo ben resulta esencial para mellorar a calidade de vida no noso concello e contribuír a un futuro máis sostible.
A lexislación nesta materia establece normas concretas para garantir a correcta xestión dos residuos e o aproveitamento dos recursos que se xeran a partir deles.
Non facer as cousas ben pode supoñer sancións para as persoas infractoras e -sobre todo- un dano para o medio ambiente e para a nosa convivencia.
Cumprir a normativa é unha mostra de civismo e respecto pola nosa contorna.
Entre todas e todos poderemos facer un concello máis responsábel e sostíbel. En Pontevedra somos un modelo neste sentido.
Continuemos por esa senda!
Normativa de referencia:
Ordenanza de xestión de residuos de competencia municipal do Concello de Pontevedra. Título III, Vixilancia, inspección, control e potestade sancionadora.
BOP Pontevedra, 30-12-2024.








