Nova
recollida comercial.
Novo sistema de xestión e tratamento de residuos comerciais.
Todo é novo
Recollida comercial no centro histórico
Recollida selectiva,
“porta a porta”
Pontevedra atópase inmersa nun cambio de paradigma na xestión de residuos onde nada se perde, todo se reaproveita, e os residuos acadan un novo valor. Agora, este modelo de xestión chega ao comercio do centro histórico.
Como principal carta de presentación da nosa cidade, o noso maior valor cultural e punto de encontro veciñal por excelencia, resulta imprescindible unha correcta separación e recollida de residuos para preservalo.
Como funciona?
Se tes un local comercial no centro histórico, ou prevés abrir un proximamente, esta guía ofréceche un novo modelo adaptado á túa xestión diaria:
- Coa frecuencia que precisas:
O servizo funcionará de luns a domingo. - Recipientes á túa medida:
O persoal de PreZero, a empresa concesionaria, entregarache previamente os recipientes precisos e adaptados ao volume e á actividade do teu negocio. - Servizo “Porta a porta”:
Os residuos depositaranse na porta de cada establecemento, debidamente clasificados e nos seus recipientes.
- 5 fraccións imprescindibles:
É fundamental clasificar os residuos en: vidro, biorresiduos, resto, embalaxe lixeira e papel-cartón. - Adeus aos contedores na rúa:
A recollida nos locais permitirá eliminar progresivamente os contedores públicos, mellorando a imaxe e a limpeza da contorna.
Coidar do noso patrimonio e camiñar cara a unha xestión máis limpa comeza no teu local. Sumar a túa axuda é a clave desta nova etapa!.
Horarios da recollida comercial
Diaria
de 20.00 h a 23.00 h
Diaria
de 16.30 a 19.00 h
e de 23.30 h a 02.00 h
Luns, mércores e venres
de 23.30 h a 3.00 h
Martes, xoves e sábados
de 20.30 h a 23.30 h
De luns a sábado
de 20.30 h a 23.30 h
Contacto ou incidencias:
residuos.pontevedra@prezero.com
986 850 225
Recollida comercial na cidade
Recollida selectiva,
“porta a porta”
Se tes un local comercial aberto ao público na zona urbana ou periurbana de Pontevedra, ou tes previsto abrir un, poñemos en marcha un novo modelo de xestión pensado para axudarche no teu día a día.
Comezamos unha etapa máis eficiente onde cambiamos a forma de ver os residuos que pasan a ser recursos.
Nada se perde e todo se reaproveita. Para conseguir transformar o que antes se desbotaba, necesitamos que fagas a túa parte no local: separar. Do resto, encargámonos nós.
Como funciona
no teu negocio?
O sistema está deseñado de maneira personalizada para adaptarse á túa actividade:
- Coa frecuencia que precisas:
Esquécece de desprazamentos.
Pasaremos a retirar os residuos directamente polo teu establecemento. - Recipientes á túa medida:
O persoal de PreZero, empresa concesionaria responsable do servizo de xestión de residuos, encargarase de entregarche os contedores que precises.
Estudarán o teu caso e daranche os recipientes adecuados en función do tipo de negocio que teñas e do volume de lixo que xeres.
- A regra das 3 fraccións:
Para que o sistema funcione, é imprescindible que clasifiques os teus residuos nestes tres grandes grupos antes da recollida: biorresiduos (orgánica), embalaxe lixeira e papel-cartón.
Transformar a nosa cidade e facela máis sostible comeza cun xesto moi sinxelo no teu local.
Contamos coa túa colaboración!
Horarios da recollida comercial
Diaria
de 14.30 a 21.00 h
Martes, xoves e sábado
de 23.30 h a 03.00 h
De luns a sábado
de 20.30 h a 03.00 h
Contacto ou incidencias:
residuos.pontevedra@prezero.com
986 850 225
Responsábeis
A túa implicación é fundamental para o éxito do novo sistema. Separar adecuadamente os residuos é un xesto sinxelo que marca a diferenza, pero tamén é unha obriga legal de estrito cumprimento, non algo voluntario. Lembra que o incumprimento desta normativa pode derivar en sancións para o teu local.
Para facilitarche este deber coa maior comodidade, o Concello pon á túa disposición a recollida selectiva porta a porta.
A túa colaboración diaria é a peza clave.
Contamos contigo!
Normativa de referencia:
Ordenanza de xestión de residuos de competencia municipal do Concello de Pontevedra. Título III, Vixilancia, inspección, control e potestade sancionadora. BOP Pontevedra, 30-12-2024.








