Illas
emerxentes
Novo sistema de recollida de residuos domésticos para as vivendas do centro histórico
7 días
De luns a domingo
4 horas
Colocadas cada día
5 fraccións
Na mesma illa
8 puntos
No centro histórico
Que son as
illas emerxentes?
As novas illas emerxentes que se van empregar no centro histórico son un sistema de “quita e pon” para uso domiciliario deseñado para facilitar o depósito selectivo dos residuos por parte da veciñanza.
As illas instalaranse todos os días da semana, de luns a domingo, e nelas poderás depositar as 5 fraccións: resto, biorresiduos, envases lixeiros, papel e cartón e envases de vidro.
Este sistema permitirá eliminar os contedores nas rúas, mellorando a imaxe, olores e limpeza da zona.
Como funciona o sistema das illas emerxentes?
O servizo funcionará todos os días, de luns a domingo. Instalaranse diariamente nos horarios indicados e en localizacións fixas por persoal de PreZero. As illas estarán colocadas durante 4 horas cada día.
Nas illas emerxentes recolleranse as 5 fraccións. É fundamental que clasifiques os residuos axeitadamente na casa antes de depositalos.
As 5 fraccións que recolle cada illa
- Envases de vidro
- Biorresiduos
- Resto
- Envases lixeiros
- Papel e cartón
Horarios de colocación e de retirada e localizacións das novas illas emerxentes
Preme nun punto do mapa para ver a súa quenda e o horario.
Quenda 1
De 18.00 h a 22.00 h
- 1Rúa García Escudero
(cerca de pz. Celso García de la Riega) - 2Rúa César Boente
(entrada a praza de Pedreira)
Quenda 2
De 18.30 h a 22.45 h
- 3Travesía de Aduana
esquina coa rúa Pasantería - 4Rúa Sarmiento 47
(próxima á praza da Leña)
Quenda 3
De 19.00 h a 23.30 h
- 5Travesía das Ánimas
esquina coa rúa Real - 6Avda. de Santa María
esquina coa rúa Alta
Quenda 4
De 19.30 h a 00.00 h
- 7Rúa do Barón
(fronte ao Parador de Turismo) - 8Rúa San Martiño
(entre os números 5 e 9)
Responsábeis
no centro histórico
Pontevedra está inmersa nun cambio de paradigma na xestión de residuos onde nada se perde, todo se aproveita, e os residuos acadan un novo valor. Agora, este modelo de xestión chega ao centro histórico, o noso maior valor cultural e punto de encontro veciñal por excelencia. É imprescindible unha correcta separación e recollida dos residuos para preservalo.
Sumar a túa axuda é a clave desta nova etapa. A túa implicación é fundamental para o éxito do novo sistema. Separar adecuadamente os residuos é un xesto sinxelo que marca a diferenza, pero tamén é unha obriga legal de estrito cumprimento, non algo voluntario.
Lembra que o incumprimento desta normativa pode derivar en sancións.
Normativa de referencia: Ordenanza de xestión de residuos de competencia municipal do Concello de Pontevedra. Título III, Vixilancia, inspección, control e potestade sancionadora. BOP Pontevedra, 30-12-2024.
Voluminosos
Se queres retirar da túa casa un moble ou obxecto voluminoso dispoñemos dun servizo sinxelo e rápido.
Chámanos
986 85 02 25
Serás atendido/a por unha persoa de Prezero coa que poderás fixar o día e a hora que mellor che conveña para a recollida.
Punto limpo móbil
Agora é máis cómodo desfacerte responsablemente dos pequenos residuos que non poden botarse nos contedores de reciclaxe.








