Movémonos
para estar máis
cerca de ti.
Agora é máis cómodo desfacerte responsablemente dos pequenos residuos que non poden botarse nos contedores de reciclaxe.
Dispoñemos de dous puntos limpos móbiles que percorrerán o centro urbano, os barrios e as parroquias.
Na cidade
Horario: De 15.00 h a 20.30 h
Cada punto recibe o servizo un día á semana, cada dúas semanas. Ordenados pola próxima visita.
A Parda
Conservatorio
Luns, semanas pares
Valdecorvos
Praza das Regas
Martes, semanas pares
Praza de Galicia
Mércores, semanas pares
Avda. de Vigo
Esquina con Avda. María Victoria Moreno
Xoves, semanas pares
Joaquín Costa
Esquina con 12 de Novembro
Venres, semanas pares
Praza de España
Luns, semanas impares
Praza de Barcelos
Martes, semanas impares
Monte Porreiro
Praza de Europa
Mércores, semanas impares
O Burgo
Pasarón esquina con Avda. da Coruña
Xoves, semanas impares
As Corvaceiras
Avda. de Marín fronte ao ORAL
Venres, semanas impares
Nas parroquias
O servizo tamén chega ás parroquias
onde comezará nas próximas semanas.
Informaremos das frecuencias e horarios
de maneira específica en cada unha
delas.
Que podes levar ao punto limpo móbil?
- Pequenos electrodomésticos: Ferros de pasar, torradoras, reloxos, máquinas de afeitar eléctricas, calculadoras, radios, xoguetes eléctricos e electrónicos
- Pequenos aparellos electrónicos: Teléfonos móbiles, routers, ratos de ordenador, cargadores, cables, auriculares,…
- Cartuchos de tinta e tóner
- CDs, DVDs e casetes
- Pilas e acumuladores
- Residuos téxtiles
- Lámpadas fluorescentes e LED
- Residuos de metal que non sexan envases (chatarra): tixolas, tarteiras, potas, chaves, cubertos metálicos
- Ferramentas non eléctricas nin electrónicas
- Caldeiros de metal,…
- Residuos de plástico que non sexan envases: xoguetes de plástico non eléctricos nin electrónicos
- Caldeiros de plástico, utensilios de cociña de plástico,…
Ademais, segue a funcionar o punto limpo de sempre
No polígono industrial de O Campiño
Os residuos deben vir clasificados, xa que non se recollen mesturados.
Sitúase nas instalacións de Prezero, rúa Monte Louredo, 16, Polígono de O Campiño, 36158. Pontevedra.
Horario de atencion
Martes a venres de 10.00 h a 14.00 h
e de 16.00 h a 19.00 h
Sábados de 9.00 h a 13.00 h
Voluminosos
Se queres retirar da túa casa un moble ou obxecto voluminoso dispoñemos dun servizo sinxelo e rápido.
Chámanos
986 85 02 25
Serás atendido/a por unha persoa de Prezero coa que poderás fixar o día e a hora que mellor che conveña para a recollida.








